Benvida á A.C. O Galo

galo

O Canto do Galo segue musicando o noso idioma, a nosa Historia; a nosa Cultura.

Pasaron 40 anos desde o nascente canto. E seguimos cantando policromadamente á cultura galega. Seguimos querendo activar aos galegos e galegas que conscientemente son coñecedores de que as persoas temos necesidade de contar cunha identidade propia para ser alguén. Témola os galegos, enraizada na nosa historia colectiva; da cidade e da Galiza.

Hoxe renovamos o canto con gañas de danzar e cantar con todos os santiagueses, con todos os que están extramuros da cidade. Amigas, amigos; que o canto do Galo floreza vibrantemente nos nosos sentidos. Brinquemos coa súa melodía facedora de persoas amorosas pola cultura, polo idioma, pola historia; polo xénero humano. Vida sempre, a quen vida nos dá.

¡Canta, canta amado Galo!

© 2012 Agrupación Cultural O Galo Suffusion theme by Sayontan Sinha