Out 152008
 2008-10-15T15:02:00+00:00

Este mércores 29 de outubro ás nove da noite, o Conxunto Baldeiro, o grupo de teatro da A.C. O Galo apresentará a súa nova obra D2N2, inaugurando desta forma as representacións teatrais que ao longo do ano terán lugar no noso local social.

Convidamosvos a asistir a esta e ás demais actividades organizadas pola nosa asociación, que pretenden dinamizar a vida cultural de Compostela dando protagonismo aos grupos semi-profesionais ou aficcionados, verdadeiro fervedoiro de ideas e proxectos.