Out 252008
 2008-10-25T15:07:56+00:00

O próximo 11 de novembro inaugúrase a exposición “Outonal” de Nolo Suarez, coa que damos comezo ás actividades que realizaremos ao redor do mundo da arte.

É a nosa intención ser un punto aberto para que os artistas galegos den a coñecer o seu traballo e para que o podan comercializar sen caer nas redes dos comisionistas. Tamén pretendemos dar a coñecer a estos traballadores da estética entre o público compostelán, de xeito que se habilite unha canle de comunicación creador-espectador que posibilite a mutua comprensión e o debate ao redor das obras e do seu proceso creativo.

Podedes contemplar a obra accedendo a este enlace. Podedes votar as imaxes que máis vos gusten, ou simplemente contemplálas para decidir si queredes ver a exposición “en vivo”.

Quedades convidados.