Xan 152009
 2009-01-15T14:40:13+00:00

Este xoves 29 de xaneiro, ás 20.30 terá lugar no local da nosa asociación un debate ou charla sobre a crise económica titulado “A crise económica en Galiza. Dúas perspectivas, unha soa crise”

Suso Seixo debatirá sobre a criseBenigno Pereira debatirá sobre a criseEn dita charla contaremos coa presenza de Xesús Seixo, Secretario Xeral da CIG e Benigno Pereira, Presidente da Rede Galega de Empresas. Deste xeito queremos pór sobre a mesa as visións dos traballadores e as dos empresarios, para así fomentar o debate e profundizar no coñecemento do actual modelo de relacións laborais.

Contamos coa tua presenza para que este debate, ademais de interesante, sexa participativo e dinámico, para que o contraste de posicións sexa efectivo, para que non queden opinións sen expresar e para que a experiencia de todos sexa alicerce de solucións.