Ciclo de Cinema Cubano

 Posted by at 15:08 on 01/02/2009  Actividades, Arte, Cinema, Debates
Feb 012009
 2009-02-01T15:08:41+00:00

Este luns, 9 de febreiro ás 20.30 comeza o ciclo de Cinema Cubano da A.C. O Galo.

Este ciclo é a continuación do Ciclo de Cinema Galego que tivo lugar nos meses de outubro, novembro e decembro e que foi un éxito despois da súa gran acollida de público.

O cónsul inaugura o ciclo de cinema cubanoDito luns, 9 de febreiro ás 20.30 no local da nosa asociación (Patio de Madres 15, Baixo) terá lugar a presentación do Ciclo de Cinema Cubano a cargo de Don Alejandro Fuentes, cónsul da República de Cuba en Galiza, que dará unha conferencia sobre a situación actual de Cuba e concretamente sobre os feitos históricos nos que se asentan os filmes que se van proxectar.

Con este ciclo de cinema cubano querémonos achegar á realidade social e cultural das xentes desta illa tan vinculada con Galiza, así como coñecer a situación do país cando se cumpren 50 anos da Revolución que rematou co rexime dictatorial de Batista e puxo a economía e as institucións públicas ao servizo das clases populares.

Tanto a conferencia como todas as proxeccións son de entrada libre e gratuita ata completar o aforo do noso local social, polo que estades convidados a asistir e participar. O programa de proxeccións é o seguinte:

  • o martes 10 ás 20.30 proxectarase El Brigadista (1983) de Octavio Cortázar. El Brigadista

 

 

  • O mércores 11 ás 20.30 proxectarase Kangamba (2008) de Rogelio París. Kangamba

 

 

  • E o xoves 12, ás 20.30 proxectarase Memorias del subdesarrollo (1961) de Tomás G. Alea.Memorias del subdesarrollo