Mar 012009
 2009-03-01T19:06:16+00:00

Miro Casabella e a Nova Canción GalegaO vindeiro xoves 12 de marzal de 2009, realizaremos a presentación do libro “Miro Casabella e a Nova Canción Galega”, da autoría de Xan Fraga e editado pola Editorial Galaxia.  Será ás 21.30 no noso local social de Patio de Madres, 15 baixo de Santiago de Compostela.

O acto contará coa presenza do autor, Xan Fraga, que aborda neste libro a situación social galega nos anos setenta para logo facer un repaso das persoas que formaron parte da Nova Canción Galega, un movemento musical que sacudiu moitas conciencias.

Posteriormente, será o propio Miro Casabella, quen amenice a velada cun concerto acústico no que fará un repaso dos seus éxitos e nos sorprenderá con novas versións e temas do seu amplo repertorio.

Miro Casabella, que fixo parte de Voces Ceibes, é un dos últimos integrantes en activo da canción protesta galega e forma xa parte da historia musical, social e política de Galiza, tanto pola temática comprometida das suas cancións como pola introducción de instrumentos tradicionais como a zanfoña, ou pola adaptación de cantigas medievais ou de música popular.

Se non te queres perder esta actividade, pásate polo noso local ás 21.30.