Mar 152009
 2009-03-15T20:35:29+00:00

Oscar Fernandez Refoxo, entre o públicoO pasado día 12 organizamos a presentación no noso local do libro cd “Miro Casabella e a Nova Canción Galega”, escrito por Xan Fraga.

O acto foi presentado brevemente polo Presidente de Honra da nosa asociación, Óscar Fernández Refoxo, quen lembrou os duros tempos do franquismo e o papel do asociacionismo cultural como forma de loita social e política contra a dictadura.

Xan Fraga e Miro CasabellaFoi seguido na presentación por Xan Fraga, autor do libro, quen nos contou as dificultades que aínda a día de hoxe ten calquer proceso de investigación histórica que envolva os anos da dictadura. Unha das peculiaridades deste libro é transcribir diversos partes dos servizos policiais e de espionaxe españois que abordaban o fenómeno da Nova Canción Galega e as súas relacións con diversos movementos sociais, como o obreiro, o estudantil ou o cultural, e cos de canción protesta xurdidos en todo o estado.

Finalmente, chegou o momento que o público agardaba e Miro Casabella armouse de guitarra e comezou a cantar varios temas do seu repertorio, desde o xa mítico “O meu país”, ata a “Cantiga de Escarnio” ou o tamén moi coñecido “Olla meu irmán”.

Aquí tedes unha pequena escolma fotográfica do acto

[nggallery id=”14″]