Exposición colectiva “Reencontros”

 Posted by at 22:53 on 01/10/2009  Actividades, Arte
Out 012009
 2009-10-01T22:53:29+00:00

Cartaz exposición "Reencontros"

Nova exposición colectiva no noso local

O Galo organiza unha exposición en colaboración coa Asociación Da Amizade e das Artes Galego-Portuguesa que permanecerá no noso local de San Miguel dos Agros desde o 14 de outubro ata finais de decembro deste ano 2009.

Nun momento histórico no que a arte e a cultura están a ser cuestionados, en tempos de globalización e uniformización, de modas pasaxeiras e de superficialidade, dez autores a autoras galegas de distintas tendencias, ofrecen esta exposición, mostra de diversidade e creatividade pictórica, baixo o título “Reencontros”

Alfredo Constela, Berta Ares, Deli Sánchez, Iglesias Diz, Estrela Rúa, Fran Montoiro, Manuel Nieto, Nolo Suárez, Sabela Baña, Sol Guerra, son artistas con anos de experencia e traballo ás suas costas, con profundas reflexións sobre os distintos aspectos que nos afectan e rodean, que logo plasman cos seus estilos de traballo personais.

A entrada á exposición é gratuita polo que estades convidados a asistir. A inauguración será o mércores 14 de outubro ás oito da tarde