Nov 012009
 2009-11-01T11:44:48+00:00

Inauguración ReencontrosXa vai alá medio mes desde a inauguración da exposición colectiva “Reencontros”, na que participan dez artistas pictóricos galegos que plantan cara á uniformización cultural asociada á globalización cunha obra rica en diversidade.

No acto falou o Presidente da nosa asociación, Óscar Fernández Refoxo, quen falou da especial relación d’O Galo co mundo pictórico, pois a nosa actividade fundacional foi precisamente unha mostra de pintores galegos que se exibiu no Hostal dos Reis Galegos entre o 10 e o 30 de xuño de 1961.

A exposición continuará aberta ata finais de ano, e aquí vos deixamos unha escolma de obras expostas. Para contemplalas mellor, e ver a exposición “Reencontros” completa, pásate polo noso local

[nggallery id=20]