Xan 202010
 2010-01-20T11:51:41+00:00

Presentación Piñeiro contra CastelaoA Asociación Cultural O Galo organiza para o vindeiro 27 ás 20 horas unha presentación do libro ‘Piñeiro contra Castelao, Castelao contra Piñeiro’ de Xoán Carlos Garrido, no seu local social de San Miguel dos Agros, 5.

O acto contará coa presenza do autor e de Bautista Álvarez, dirixente histórico do nacionalismo galego.

Esta obra pon á disposición dos lectores abundante documentación, principalmente cartas, sobre a relación persoal e política entre Castelao e Piñeiro, sobre todo dos anos posteriores á Segunda Guerra Mundial, cando se debatían alternativas que posibilitaran a derrota da dictadura franquista.

Tal e como afirma o seu autor :

Castelao defendía a legalidade republicana, que pasaba por unha reestruturación do Estado segundo unha realidade plurinacional. Quería que a esquerda española e os movementos antifranquistas recoñecesen os dereitos nacionais, pero Piñeiro e o galeguismo do interior preferiron optar pola Alianza Nacional de Forzas Democráticas, que non recoñecía os dereitos nacionais. A cuestión é que as posicións quedaron fixadas daquela, e desde entón non se moveron. O resultado é o “café para todos” da transición, que chega ata hoxe, co non recoñemento da especificade cultural, xurídica e política de Cataluña, País Vasco e Galicia máis que a de calquera rexión.

Estás convidado a asistir!