Exposición “Xanelas, arte en movemento”

 Posted by at 23:35 on 20/05/2010  Actividades, Arte
Mai 202010
 2010-05-20T23:35:57+00:00

Exposición "Xanelas"Desde a Asociación Cultural O Galo, queremos convidarte á innauguración que terá lugar mañá xoves 27 de maio ás 20.30 horas da exposición “Xanelas, arte en movemento” da prestixiosa e recoñecida pintora Emma Rodríguez Álvarez, “Era”.

Será a primeira vez que expoña en Santiago de Compostela esta artista de Láncara, afincada en Toledo desde hai máis de catro décadas.

A sua obra de vivas cores busca unha abstracción sen figura humana algunha que provoque a expansión da persoa que a contempla para que acade un equilibrio emocional diante dos cadros.

O acto de inauguración terá lugar no local da nosa asociación situado en San Miguel dos Agros, 5, Baixo (Praza de san Martiño Pinario).

A exposición estará aberta no noso local ata o mes de xullo.

Agardamos contar coa túa presenza.