Exposición colectiva “Roteiro no Galo”

 Posted by at 16:54 on 10/09/2010  Actividades, Arte
Set 102010
 2010-09-10T16:54:54+00:00

Exposición ColectivaTen lugar estes días en Santiago de Compostela, o Roteiro de Creación 2010, unha iniciativa interesante e novidosa onde se combinan exposicións, visitas aos talleres dos artistas, intervencións, arte na rúa, entre outras actividades.

En definitiva o que se trata e de dar a coñecer os traballos dos distintos artistas que traballan en Santiago de Compostela, dun xeito directo, novidoso e atractivo, para que se achegue o público, compartindo e preguntando sobre as obras , os artistas e as iniciativas.

Na A. C. O Galo,  queremosos colaborar con esta iniciativa abrindolles o noso local para que presenten a exposición colectiva “ROTEIRO NO GALO” , de 6 artistas, 2 escultores, Nando Pereiro e Alfonso Ramón, e 4 pintores : Estrela Rúa, Emma Rodriguez, Maribel dos Anjos e Nolo Suárez, facendo un percorrido polos seus traballos mais recentes.

A exposición colectiva será inaugurada o vindeiro 22 de setembro ás 20.00 no noso local social de San Miguel dos Agros, 5