Out 252010
 2010-10-25T13:11:12+00:00

Arte en Santiago de CompostelaA Asociación Cultural O Galo continua coas súas actividades cun debate ao redor da situación dos e das artistas máis novas na nosa comarca, e en xeral da Arte en Santiago de Compostela.

Os problemas e dificuldades destes artistas mais tamén o seu futuro e a súa proxección e promoción, serán expostos por dous artistas compostelanos, o pintor Nolo Suárez e o escultor Nando Pereiro, que actualmente están a expor no local da asociación cultural dentro das exposición colectiva O Roteiro do Galo.

Que a actividade artística é principalmente individual xa se sabe, mais tamén e certo que temos que xuntarnos para reflexionar, discutir , aclarar cousas, reivindicar, presentar propostas, e para esto están as Asociacións Culturais e Artísticas,

O debate terá lugar o mércores 27 de outubro no local do Galo, na praza de San Miguel dos Agros 5, esquina coa Praza de San Martiño Pinario.