Nov 152010
 2010-11-15T13:19:13+00:00

Roteiro Sete Portas Santiago de CompostelaO Galo organiza un roteiro polo casco vello de Santiago de Compostela que será guiado pola historiadora compostelana Encarna Otero. Descubriremos os emplazamentos das sete portas do casco antiguo e recurrindo á historia e á literatura, farémonos unha composición das xentes que as utilizaban, das mercadorías que transportaban, das pequenas e grandes historias que tiveron lugar nelas.

A cidade de Santiago de Compostela, a súa historia e os seus lugares son os grandes descoñecidos da cidade mesmo para os santiagueses. Para coñecermos un pouco máis sobre ela a Asociación Cultural O Galo organiza un roteiro o sábado 20 de novembro de 2010, que sairá ás 12.00 da praza do Toural, e que será guiado pola coñecida historiadora Encarna Otero, profesora no IES Eduardo Pondal e grande coñecedora da cidade.

Este percorrido polas sete portas da antiga muralla compostelana, que cerran o perímetro do casco vello, axudaranos a coñecer e saber máis da orixe e evolución do centro da nosa cidade.

Coñece a túa cidade co Galo! Para saberes máis podes escreber a: info@acogalo.net