Nov 222010
 2010-11-22T16:42:40+00:00

Deixámosvos aquí unha galería cunha serie de fotografias do roteiro por Santiago de Compostela realizado o pasado sábado

Durante o roteiro tivemos explicacións sobre a muralla de Santiago de Compostela, a súa construcción inicial, ou cecais ampliación dunha previa, cando o bispo Sisnando II de Iria decidiu amurallar, no 968, a igrexa anterior á Catedral, conformando o núcleo coñecido como Locus Sancti Iacobi. Éste ocupaba tan só o espazo que hoxe ocupan a catedral, a praza da Quintana e o mosteiro de San Paio de Antealtares, xunto cunhas poucas ruas anexas.

Foi posteriormente, a mediados do século XI e da man do bispo Cresconio, cando se ergue a muralla que tiña as sete portas que foron obxecto de visita: Porta do Camiño, Porta de Mazarelos, Porta da Mámoa, Porta Faxeira, Porta da Trindade, Porta de San Francisco e Porta da Pena.

[nggallery id=2]