Dec 112010
 2010-12-11T14:03:16+00:00

O Xoves, 16 de Decembro, ás 10.30 nos Xulgados de Fontiñas (Rua Viena, Santiago de Compostela) estades convocados á concentración de apoio a Carlos Callon, chamado a a declarar despois de que o xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandián, o denunciase por un presunto “delito de calumnias e inxurias”.

O motivo desta denuncia foron as declaracións realizadas polo dirixente da asociación en defensa da lingua cando Fraga Mandián denunciara a un veciño da Coruña despois de que este solicitase recibir as notificacións en galego e co topónimo oficial.