Mar 102011
 2011-03-10T14:26:27+00:00

Presentación do libro “Rosalía de Castro, Estranxeira na súa Patria” da autoría de Francisco Rodríguez. Mércores 16 de marzo no centro cultural de novacaixagalicia (Praza de Cervantes) ás 20.00

Unha obra de Francisco Rodríguez que ofrece unha lectura que parte do contexto da poeta, do coñecemento explicativo e causal da súa obra íntegra, para traela á marcha da historia, coa súa incomparábel e única lucidez e tormento. Tal como se xerou e como combateu, na súa tendencia e intencionalidade. O libro desenvolvido para informar, explicar e valorar, con máis fundamento de causa, deitando máis luz, Rosalía e a súa obra.

Mércores 16 de marzo no centro cultural de novacaixagalicia(Pza de Cervantes) ás 20.00

Rosalía de Castro