Homenaxe Popular ás Irmás Fandiño

 Posted by at 18:55 on 14/07/2011  Actividades, Historia
Xul 142011
 2011-07-14T18:55:47+00:00

O GALO SÚMASE Á HOMENAXE POPULAR ÁS IRMÁS FANDIÑO

O acto terá lugar na Segunda Feira (Luns) ás dúas en punto no monumento que teñen na Alameda.

Homenaxe Irmás Fandiño

O día 18 de xullo de 2011 conmemórase infelizmente o 75 aniversario do levantamento militar fascista de 1936.

Dentro da intra-historia compostelá brilan con luces de cor as Irmás Fandiño, coñecidas popularmente como as Marías, que a pesar de seren vítimas da brutal represión franquista, espantaban o gris da Ditadura co seu vestir e maquillaxe estrafalario.

Coralia e Maruxa, os seus verdadeiros nomes, eran fillas dun zapateiro da Rúa Espírito Santo que sufriron a represión en todas as suas vertentes, desde a violencia personal, cando para dar co paradeiro de dous irmáns anarquistas fuxidos (outro xa fora paseado) foron torturadas e violadas pola Policia Social do rexime, á violencia social, cando remataron na ruina porque os clientes do taller de costura que rexentaban deixaron de acudir para non ser identificados como colaboradores.

A pesar diso sempre contaron co apoio popular, materializado en axudas que deixaban nos comercios de Santiago de Compostela para que poideran mercar o que necesitaban para vivir, xa que elas non aceptaban recibir limosna. Tamén recibiron o apoio compostelán cando nos anos 60 unha treboada fundiu o teito da sua casa, e se xuntaron mediante colecta 250000 pesetas, o valor dun piso novo.

O Galo súmase aos actos de homenaxe popular ás irmáns Fandiño. Esta homenaxe, que contará con actuacións musicais, e leitura de textos e poemas, desenvolverase baixo o título Flores de mil cores para as Marías. Levaremos todas e todos flores de difentes cores