Excursión a Lugo o 3 de setembro

 Posted by at 09:35 on 29/08/2011  Actividades, Arte, Historia, Roteiros
Ago 292011
 2011-08-29T09:35:33+00:00

Excursión a LugoO vindeiro día 3 de setembro, a asociación Marusía, organiza unha excursión á cidade de Lugo en colaboración coa asociación cultural O Galo. Estaremos guiados por Adolfo de Abel Vilela, Doutor en Xeografía e Historia, e autor de diferentes publicacións. Promete ser un día agradábel e de coñecemento dunha das cidades máis emblemáticas da historia socio-cultural e política do noso país. Valerá a pena erguernos ese día un pouco máis cedo.

O ponto de encontro será na Rolda da Muralla, entre a porta Miñá e a porta de Santiago, este lugar é onde baixan os turistas dos autobuses pero nós, xa deixaremos os coches antes aparcados para escomezar dende aquí o noso itinerario de visitas que será o seguinte:

10 horas. Chegada a Lugo.
10,30. Visita á Sala Porta Miñá para ver a Exposición Lugo Romano.
11, 30 horas. Visita á Muralla, percorrido entre as portas Miñá e de Santiago.
12, 15 horas. Visita á Catedral.
13 horas. Percorrido pola Praza Maior e Campo do Castelo.
13,30. Tempo libre. Recoméndase tomar os viños na zona da Praza do Campo – Rúa Nova,
14,30. Xantar
17 horas. Visita ao Museo Provincial.
18,30. Saída de Lugo.

Para te anotares podes enviar un correo de inscrición antes do xoves, 1 de setembro a: dominguezrial@gmail.com

O prezo será de 15 €.