Set 222011
 2011-09-22T20:46:59+00:00

Roteiro. Foto de Manuel GagoUn roteiro para aprender e desfrutar

A raíz da conferencia impartida por Manuel Gago en xuño pasado, xurde esta nova actividade que pretende coñecer in situ os distintos lugares que permanecen practicamente descoñecidos na comarca de Santiago de Compostela e que son parte da historia da cidade

A Vila romana de Cirro, as ruínas do conxunto altomedieval de Santa Cilla, o Coto dos Mozos, o Castro Lupario, a Carballeira e o cruceiro de Francos… e para rematarmos un bon xantar. Este é o programa que propomos para coñecermos o Val da Amaía, guiados por Manuel Gago, coñecido e recoñecido autor do blog capítulo 0 sobre arqueoloxía, gastronomía e tecnoloxía.

O roteiro será o 15 de outubro, e contamos con 55 prazas. O prezo de inscrición é de 30 € e inclúe o desprazamento en autobús e o xantar co seguinte menú: Cocido completo, viño, refrescos, filloas e orellas.

Para te inscribires cubre o formulario :

Neste mapa podes atopar máis información dos lugares que visitaremos


Ver Entre Roma e o Feudalismo na Amaía – AC O Galo en un mapa más grande