Set 262011
 2011-09-26T12:30:50+00:00

Sermos GalizaOrganizada polo Galo a vindeira terza feira (martes), 4 de outubro ás 20:00, no centro cultural de Novacaixagalicia na Praza de Cervantes, Santiago de Compostela acollerá a presentación pública de Sermos Galiza, un novo proxecto xornalístico para recuperarmos a voz como pobo, e unha iniciativa que convoca a sociedade máis concienciada na procura dos apoios precisos para o lanzamento dun semanario en papel e dun diario dixital en galego que teñan a Galiza como centro de atención informativa.

Neste acto de presentación os membros do Grupo Promotor Teresa Moure, Néstor Rego, Rubén Lois, Olalla Rodil e Manuel Vilar serán os encargados de nos explicar esta andaina xornalística imprescindíbel para a nosa nación, e que precisa de toda a nosa colaboración.