Nov 142011
 2011-11-14T14:46:22+00:00

SÁBADO 19 de NOVEMBRO: XORNADA MICOLÓXICA

Xornada Micolóxica

 

Xornada micolóxica para coñecer os “carapuchos do sapo”.

Organizan:

  • ADEGA
  • Asociación “Amigos da Escola de Basadroa”
  • Asociación Cultural o Galo de Compostela

PROGRAMA:

11.00 h => Encontro na Eira e pequena charla teórica sobre a actividade.

11.30 h => Saída polo camiño real até a Escola de Basadroa. Iremos apañando os cogumelos polas carballeiras do contorno deste histórico camiño que vimos de recuperar. O roteiro son 3.5 km aproximadamente.

13.00 h => Chegada á Escola onde nos xuntaremos cos veciños e socios que tamém aportarán os seus cogumelos para seren clasificados co asesoramento do especialista micólogo Alberte Granja.

14.00 h => Traslado á Eira onde prepararemos os nosos cogumelos. Podedes traer cogumelos apañados ou da tenda e cociñalos segundo a vosa receita. Cadaquén debe traer a súa comida para o xantar. Hai a posibilidade de degustar queixo da casa de Chus con marmelo e café. O prezo son 2 € soci@s e 3 € non soci@s.

Ao remate do xantar haberá unha visita pola contorna.

Inscrición en acogalo@gmail.com