Xuñ 012012
 2012-06-01T12:26:44+00:00

Acto de presentación a terza feira (martes) 12 de xuño ás 19.30 h na Biblioteca Ánxel Casal

Nun acto organizado pola Asociación Cultural O Galo xunto coa Mesa pola Normalización Lingüística, a sociolingüista e presidenta da federación Galiza Cultura, Pilar García Negro, vai presentar en Santiago de Compostela o seu novo libro,Outramente, no cal  aborda os diferentes temas que tratou na súa xeira de columnista do desaparecido Xornal de Galicia. Entre estes temas destaca a situación do noso idioma.

O acto desenvolverase o día 12 de xuño (terza feira, martes) ás 19.30 h na Biblioteca Ánxel Casal. No acto participarán tamén Teresa Moure e Carlos Callón.

Presentación "Outramente"