Xuñ 082012
 2012-06-08T08:48:41+00:00

O Galo contra a OrdenanzaA Agrupación Cultural O Galo reuniu a 20 colectivos e asociacións da cidade para organizarse fronte á ordenanza do goberno municipal do PP que intenta impedir a celebración de actividades en espazos públicos. Na xuntanza quedaron en volver verse nun novo encontro, ao que están convidado todas as entidades compostelás, o martes 12 de xuño ás 20.30h no CSC da Pontepedriña (Rúa Amor Ruibal, 26, baixo) para pechar medidas coas que amosar o seu descontento.

 

Na xuntanza de onte, as entidades participantes amosaron o seu descontento ante o texto da ordenanza de utilización dos espazos públicos, evidenciando como o goberno municipal pretende ocultar no medio de elementos tan dispares como a colocación de quiosques, andamiaxes ou sinalizacións, o capítulo III do Título VII: PROBAS DEPORTIVAS, ACTOS CULTURAIS, FESTAS POPULARES E ANÁLOGAS (páxina 36), onde se pretende obrigar a entidades sen ánimo de lucro a pagaren fianzas e seguros, para obteren un permiso de realización de actividades en precario, revogábel a discreción do Concello e sen posibilidades de utilizaren megafonía, nen de obteren enganche de luz.

 

Ante isto, non van permanecer impasibles polo que xa se citaron para unha nova reunión a semana que vén na que pecharán o procedemento para a elaboración, recollida e presentación das alegacións individuais e colectivas á ordenanza; farán unha proposta de calendario de actuacións contra a mesma e elaborarán un manifesto onde quede clara cal é a súa postura.

 

Na primeira reunión, e aínda que xa confirmaron a súa participación outras entidades, participaron:

 

– Agrupación cultural O Galo.

– Asociación Galega de Arte e Cultura.

– Asociación Socio-Pedagóxica Galega.

– Asociación Cultural e Musical Solfa.

– Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza

– Asociación de Veciños da Pontepedriña

– Asociación de Veciños O Castiñeiro do Castiñeiriño

– Asociación de Veciños Conxo Aberto

– Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega

– Asociación Xuvenil Itaca

– A Mesa pola Normalización Lingüísitica

– Bloque Nacionalista Galego

– Comités

– Confederación Intersindical Galega

– Federación Galiza Cultura

– Federación Rural Galega

– Galiza Nova

– Liga Estudantil Galega

– Movemento polos Dereitos Civís

– Rede Galega de Empresas