Xul 052012
 2012-07-05T11:55:19+00:00

Alegacións a Ordenanza de OcupacionPoñemos á vosa disposición un modelo de alegacións á Ordenanza de Ocupación da Via Pública

Como xa informamos anteriormente, o Concello afirma que modificará a Ordenanza de Ocupación da Via Pública que incluía moitas trabas burocráticas e económicas para a realización de actividades na rúa ás asociacións sen ánimo de lucro.

Porén, para conseguir que as palabras se converten en feitos e que as modificacións son as necesarias para evitar que se pisen os nosos dereitos, imos continuar co traballo de concienciación e presión que fagan que o Concello se vexa na obriga de rectificar completamente.

Para iso, elaboramos un documento para facer alegacións á Ordenanza que recolleremos e presentaremos no Rexistro Municipal. Tamén o podedes presentar vós directamente, pero nese caso pedímosvos que nos enviedes unha copia escaneada para poder contabilizar o total de alegacións

Descargade o modelo de alegacións aquí : Alegacións Ordenanza de Ocupación da Vía Pública

Cubride os datos, asinádea e enviádenos unha copia escaneada a acogalo@gmail.com