Xul 062012
 2012-07-06T09:04:44+00:00
Roteiro Contra a Ordenanza de OcupacionDiferentes grupos culturais e sociais da cidade que nos vimos organizando contra a aprobación da ordenanza municipal de utilización da vía pública organizamos un roteiro artístico con actuacións musicais, de danza e outras artes para o venres 6 de xullo. A comitiva partirá da praza do Toural ás 19.00 e percorrerá a Cidade Vella.
O obxectivo é facer notar a importancia que a utilización das rúas como espazo público ten para o desenvolvemento cultural e social da cidade compostelana. Asimesmo aproveitaremos para difundir o modelo de alegacións que presentaremos no Rexistro Xeral do Concello para posibilitar o cambio normativo
Para máis información podedes enviar un correo a acogalo[ARROBA]gmail.com ou chamar ao 653 573 367