Dec 052012
 2012-12-05T13:18:38+00:00

Presentación Libro Galego

O vindeiro xoves 13 de natal ás 20h terá lugar, no Centro  Sociocultural do Ensanche, o primeiro acto público de presentación do libro de Carlos Callón “Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez”.

Contaremos coa presenza do autor, Carlos Callón, o director de Xerais, Manuel Bragado, e a lingüista Luz Cures.

Podedes atopar máis información sobre o libro nas seguintes páxinas
http://www.carloscallon.com/search/label/CFEGCF
http://www.xerais.es/libro.php?id=3337926

Desta última páxina transcribimos

De xeito desenfadado e mediante anécdotas, neste libro práctico ofrécense consellos para darmos o paso de usar o galego e para mellorarmos a nosa calidade lingüística, desbloqueando os prexuízos e medos aprendidos e asumindo que os problemas con que nos encontramos moitas veces non son de orixe gramatical, senón social. Este libro é útil para un público diverso, interesado na lingua nosa, desde persoas que queren comezar a falala ata estudantes de calquera nivel ou persoas que desexan mellorala.

Tamén vos podedes anotar no evento en Facebook : https://www.facebook.com/events/106767002824769

Ou no Google+ : https://plus.google.com/events/cftb2qleeq4fdkji7msnrbiak8s