Xan 112013
 2013-01-11T17:49:13+00:00

Manifestación Queremos GalegoA manifestación que terá inicio na Alameda de Santiago de Compostela o 27 de Xaneiro ás 12 está convocada por Queremos Galego

O Galo, como asociación fundadora e participante activa na Plataforma Cidadá Queremos Galego, está traballando na organización da manifestación “Pola lingua que nos une” que pretende trasladar ás ruas o molestar existente nun amplo abano de sectores sociais coa política lingüística da Xunta, especialmente tras as sentencias do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que derruban o decretazo contra o galego no ensino posto en marcha polo actual goberno do Partido Popular.

Este traballo vai desde a obtención dos permisos municipais necesarios ata o pegado dos cartaces ao longo da cidade, pasando pola recollida de sinaturas ou a coordinación dos autobuses que chegarán procedentes te toda Galiza. Se queres colaborar neste traballo previo ponte en contacto con nós en info[a]acogalo.net ou escrebe directamente a queremosgalego[a]queremosgalego.org

Tamén podes descargar o material gráfico que a plataforma ten na súa páxina, imprimilo e colgalo alí onde queras (e che deixen), como o bar no que tomas o café ou o lugar onde estudas ou traballas. Fálalle a amizades e familia, comparte nas redes sociais, envía por correo electrónico ou por whatsapp; calquer medio é bo para darlle difusión a esta iniciativa que pretende denunciar a clamorosa violación dos dereitos dos galegofalantes que teñen, é só un exemplo, proibida recibir a docencia de materias de ciencia e tecnoloxía en galego.

Podes apuntarte nos eventos de Facebook ou de Google+, pero o máis importante é que acudas ese día

Contamos contigo!