Xan 212013
 2013-01-21T10:56:56+00:00

Na Quintana de RoteiroA pesar de ser un día de choiva e vento, un nutrido grupo de aventureiros apuntouse a participar neste roteiro que tiña como obxectivo descubrir a Compostela das Cantigas.

Comezamos o roteiro na Libraría Couceiro, onde os profesores Jose António Souto e Isabel Morán ofreceron unha explicación xeral do roteiro, do proceso de investigación que os conduciu á escritura do libro no que se basa, e de distintos aspectos sobre o contexto histórico que nos permitiran situarnos na época

Continuamos cara a rúa da Moeda Vella, que nos seus tempos era un dos principais centros de compra-venda da cidade. Esa rúa é citada directamente nunha Cantiga de Escarnio e Maldizer. Podedes ver neste video o inicio da explicación de Isabel Morán sobre este punto.

A casa de XXDespois dirixímonos cara a Igrexa de Santa María Salomé, baixando por unha Praza da Quintana completamente baleira. Alí continuamos coas referencias das cantigas, neste caso o lugar de nacemento dun trobador que deixou escrito nunha cantiga que nacera frente a esta igrexa. O lugar, por tanto, sería o da foto que tedes á dereita, ou o do inmóbel que o precedeu.

Na Igrexa de BonavalDesde alí dirixímonos á Igrexa de Bonaval, onde finalizaría o roteiro con novas explicacións sobre os trobadores, o seu estatus social e o obxectivo propagandístico e publicitario que as cantigas tiñan, como estimuladoras de peregrinacións ou como símbolo de popularidade.

Tamén alí se produciu un debate aberto sobre a orixe das cantigas e a influencia da tradición popular na introducción de nova temática á canço provenzal da que derivan.

Máis adiante faremos unha segunda etapa deste roteiro, por concellos limítrofes de Santiago de Compostela, para continuar con esta divertida forma de achegarse ao coñecemento da nosa historia. Se queres manterte informado, subscríbete na nosa revista que enviaremos ao teu correo electrónico coas actividades que realizamos

[nggallery id=12]