Xan 282013
 2013-01-28T11:23:19+00:00

Servizo de Orde da manifestaciónOnte participamos da manifestación “Pola lingua que nos une”, convocada por Queremos Galego.

Todo comezou ás 11.15 cando as persoas do servizo de orde se reuniron no palco da música para organizar determinados aspectos, repartir material, aclarar o itinerario, etc.

O Cabezudo de Wert durante a ManifestaciónXa pasadas as 12 da mañá arrancou a manifestación, guiada polo cabezudo de Wert bailando ao son das gaitas. Con choiva miuda itermitente, pero amenazando cunha boa treboada, a cabeceira camiñou a paso vivo ao longo das rúas da Senra, Doutor Teixeiro e o Horreo. Cando os primeiros estaban xa entrando na zona vella, aínda non rematara de sair toda a xente da Alameda.

Chegada á Quintana da cabeceira da manifestaciónChegamos pouco despois a Praza da Quintana, onde os Gaiteiros do País amenizaron con música e proclamas a chegada da manifestación, que se prolongou case unha hora ata enchela totalmente. Milleiros de galegas e galegos coreaban consignas como “Sempre en Galiza, Sempre en Galego” ou “No ensino, Queremos Galego”. Tamén se coreou durante toda a manifestación un lema que nos empurraba a seguir adiante, a pesar do tempo “Aínda que se molle, o galego non encolle”

Pronto comezaron as intervencións e discursos. Comezou Pepe Penabade coa lectura dun extracto do Sempre en Galiza de Castelao, reivindicando o teatro galego e o seu papel como dinamizador lingüístico, e falando en barallete, como metáfora do estatus que a Xunta busca para o idioma galego. Seguírono Uxia Senlle e Ses cantando un poema  musicado de Manuel María “O idioma é a chave”. Foi nese momento, quizais pola beleza da canción, cando deixou de chover e comezaron a pecharse os paraugas. Seguían entrando xente e máis xente na Quintana.

Susana Méndez le o manifestoFinalmente deuse lectura ao manifesto da convocatoria, lectura na que participaron o Luís Iglesia, Mercedes Queixas, o Xurxo Souto, Susana Méndez, Antón Freire e Marta Dacosta. Finalizou o acto Carlos Callón

Foi, ao fin e ao cabo, un acto bonito e profundo que culminou unha manifestación necesaria para conseguir que o goberno galego rectifique a sua política lingüística e dea marcha atrás nas medidas que apuntalan a marxinación do noso idioma nacional no sistema educativo.

Deixámosvos aquí unha galería da manifestación. Temos algúns videos na nosa canle de youtube

[nggallery id=15]