Obradoiro de Creación Crítica

 Posted by at 16:23 on 06/02/2013  Actividades, Língua, Obradoiros
Feb 062013
 2013-02-06T16:23:03+00:00

A Agrupación Cultural O Galo organiza un obradoiro de creación crítica en galego

Obradoiros de Creación Escrita

Este obradoiro de creación crítica pretende axudarvos a plasmar por escrito as vosas opinións e ideas de forma estruturada e organizada que permita unha mellor e rápida comprensión e facilite o debate razonado. Abordaremos os xéneros da opinión e do ensaio contando coa colaboración de artículistas de distintos medios e especializados en diferentes ámbitos de interese social, como o da lingua, a economía ou a política.

Traballaremos en grupos dun mínimo de 5 persoas e un máximo de 10, para fomentar a participación e o contraste de ideas entre os e as partipantes. As clases misturarán algo de teoría e algo de lectura pero centraranse na escritura, algunhas veces a soas e outras en grupo. Entre clase e clase, manteremos o contacto a través dun blogue temático que vos permitirá compartir os vosos artigos de opinión e ler e comentar os do resto de participantes. Tamén teremos á vosa disposición un enderezo de correo electrónico no que poderedes enviar dúbidas ou propostas de temática para o análise e debate na próxima clase. Contaremos coa participación de ensaístas que presentarán algunha das suas obras recentes e respostarán ás vosas preguntas para aclaravos as dúbidas que teñades sobre todo o proceso que conleva unha boa creación crítica.

As clases terán lugar un día á semana ao longo dos meses de marzo e abril. Podedes elexir día e hora entre as que vos proporcionamos e nós faremos o posible por asignarvos ao grupo que máis vos interese. O prezo será de 15€ ao mes para socios e de 20€ para non socios. Se aínda non es socio do Galo, podeste asociar mediante o noso formulario de asociación

Faremos unha primeira clase gratuita na última semana de febreiro, na que explicaremos un pouco máis polo miudo a metodoloxia do obradoiro de creación crítica.

Pérdelle o medo ao folio en branco! Inscríbete utilizando o seguinte formulario

Nome e apelidos:

Email : Telefono:

Cuota:

Preferencias horarias

1ª Preferencia : Dia Hora

2ª Preferencia : Dia Hora

3ª Preferencia : Dia Hora

Se queres facer algún comentario, aproveita este momento

Es unha persoa ou un robot?
captcha