Obradoiros de creación escrita

 Posted by at 16:24 on 06/02/2013  Actividades, Língua, Obradoiros
Feb 062013
 2013-02-06T16:24:35+00:00

A Agrupación Cultural O Galo organiza dous obradoiros de creación escrita en galego.

Obradoiros de Creación Escrita

Ambos obradoiros de creación escrita comparten metodoloxía e recursos, pero difiren no seu contido. O Obradoiro de Creación Literaria está orientado a aqueles e aquelas que gozan da leitura e que queren comezar a escreber as suas propias obras, pequenas ou grandes. O Obradoiro de Creación Crítica busca axudarvos a plasmar por escrito as vosas opinións e ideas de forma estruturada e organizada que permita unha mellor e rápida comprensión e facilite o debate razonado.

Traballaremos os contidos específicos de cada modalidade en pequenos grupos, participando e interactuando entre nós. Cada clase terá un pequeno tempo adicado a desvelar algunhas das claves dos xéneros tratados seguido de tempo para lectura e para a escritura. Entre clase e clase, manteremos o contacto a través da web, cun blogue temático que permitirá ao alumnado compartir cos seus compañeiros e as suas compañeiras os avances que vaia realizando e que estes podan comentar o que lles pareza. Contaremos coa participación de autores, que presentarán algunha das suas obras e se someterán ás vosas preguntas.

A primeira clase, na última semana de febreiro, será gratuita para que podades comprobar se vos interesa anotarvos. Despois, os obradoiros terán lugar un día á semana ao longo dos meses de marzo e abril. Podedes elexir día e hora entre as que vos proporcionamos e nós faremos o posible por asignarvos ao grupo que máis vos interese. Os grupos serán dun mínimo de cinco personas e un máximo de dez, para evitar aglomeracións e permitir a máxima interacción entre todos. O prezo será de 15€ ao mes para socios e de 20€ para non socios. Se aínda non es socio do Galo, podeste asociar mediante o noso formulario de asociación

Parécevos pouco? Pois ademáis prometemos algunha sorpresa!

Queres escribir contos, relatos ou novelas? Apúntate ao Obradoiro de Creación Literaria.

Interésanche máis as cartas ao director, os artigos de opinión ou os ensaios? Apúntate ao Obradoiro de Creación Crítica

Ou se che interesan ambos, pódeste apuntar aos dous!

Pérdelle o medo ao folio en branco!

Nome e apelidos:

Email : Telefono:

Modalidade :

Cuota:

Preferencias horarias

1ª Preferencia : Dia Hora

2ª Preferencia : Dia Hora

3ª Preferencia : Dia Hora

Se queres facer algún comentario, aproveita este momento

Es unha persoa ou un robot?
captcha