Obradoiro de Creación Literaria

 Posted by at 16:22 on 06/02/2013  Actividades, Língua, Obradoiros
Feb 062013
 2013-02-06T16:22:18+01:00

A Agrupación Cultural O Galo organiza un obradoiro de creación literaria en galego

Obradoiros de Creación Escrita

Este obradoiro pretende ser unha aproximación á creación literaria, a todos eses mundos que podemos crear como autores por medio da palabra. Faremos un achegamento á historia, ao espazo, ás persoaxes , á trama… a como podemos construír todo isto poñendo cada un de nós un pequeno anaco ata construír ese mundo imaxinario co que todos e todas soñamos.

Traballaremos en pequenos grupos, dun mínimo de 5 persoas e un máximo de 10, para que a participación e interacción entre todos e todas leve a sacar o mellor de cada un. Con clases cun chisco de teoría, outro chisco de lectura e unha boa ración de escritura, algunhas veces a soas e outras en grupo. Entre clase e clase, manteremos o contacto a través dun blogue temático que vos permitirá compartir as vosas creacións e ler e comentar as do resto de participantes. Tamén teremos á vosa disposición un enderezo de correo electrónico no que poderedes enviar dúbidas ou suxerencias para a próxima clase. Contaremos coa participación de autores, que presentarán algunha das suas obras e se someterán ás vosas preguntas para aclaravos as dúbidas que teñades non só sobre a creación literaria, senón tamén sobre o proceso que hai desde que o libro está escrito ata que chega a imprimirse e distribuirse.

As clases terán lugar un día á semana ao longo dos meses de marzo e abril. Podedes elexir día e hora entre as que vos proporcionamos e nós faremos o posible por asignarvos ao grupo que máis vos interese. O prezo será de 15€ ao mes para socios e de 20€ para non socios. Se aínda non es socio do Galo, podeste asociar mediante o noso formulario de asociación

Faremos unha primeira clase gratuita na última semana de febreiro, na que explicaremos un pouco máis polo miudo a metodoloxia do obradoiro de creación literaria.

Pérdelle o medo ao folio en branco! Inscríbete utilizando o seguinte formulario

Rematou o prazo de inscrición