Mar 072013
 2013-03-07T08:49:53+00:00

O pasado 23 de febreiro realizamos un roteiro polos lugares máis destacados na vida de Rosalía de Castro en Santiago de Compostela

Roteiro Rosalía de Compostela -Saída da Praza de Vigo

O roteiro partiu da Praza de Vigo, onde estaba a casa onde naceu Rosalía de Castro, aínda que o lugar exacto xa non existe e é descoñecido. Leronse uns textos deEstatua de Rosalía na Alameda

Carvalho Calero onde explica a descrición e situación da casa orixinal. Continuamos cara a Alameda, entrando polo Campus universitario, para deternos na estatua que se inaugurou no apóstolo de 1917, sendo esta a primeira vez que a oficialidade tentou apropiarse da figura dunha Rosalía que era xa unha icona do sentimento nacionalista. Dirixímonos despois cara o Instituto Rosalía de Castro, no que a autora cursou algún dos seus primeiros estudos.

Hostal dos Reis CatólicosAdentrámonos despois no casco histórico compostelán, para recorrer as rúas de Entrecercas e do Vilar, onde residiu en distintos momentos, e da Senra, onde sofreu a perda de unha filla de 19 meses ao caer dunha mesa e dun fillo que naceu morto. A continuación dirixímonos cara o Hostal dos Reis Católicos, onde Rosalía foi inscrita como “filla de pais descoñecidos” porque se supón que ía ser entregada neste edificio que naquela altura funcionaba como inclusa. Finalmente parece que a nai de Rosalía decidiu criala (comentouse que por aquela época, ser nai solteira era a única garantía para algunhas mulleres de ter alguén que as coidara na vellez).

Continuamos o roteiro recorrendo as ruas do casco vello, realizando paradas nas casas nas que morou Rosalía. Primeiro na rúa da Conga, a coñecida como Casa da Concha, na que naceuCasa da Concha a primeira filla e que mantén o seu recordo cunha das poucas placas instaladas con esta función. A outra placa existente está na actual sé do ILG, na Praza da Universidade, onde tamén residiu a autora. Chegamos alí despois de atravesar o Preguntoiro e visitar o Arco de Mazarelos, outros dous puntos nos que Rosalía tivo casa.

Deixamos aquí unha galería fotográfica con algúns dos momentos do Roteiro que realizamos o sábado pasado pola Compostela de Rosalía de Castro

[nggallery id=16]