Mar 082013
 2013-03-08T12:44:04+00:00

O Galo organiza xunto a ADEGA unha presentación do libro “Herdeiros pola forza” e un roteiro polo Alto Ulla

Roteiro na Eira da XoanaO vindeiro 16 de marzo realizaremos un roteiro polo Alto Ulla na compañía de Manuel Gago e Xurxo Ayán, autores do libro “Herdeiros pola forza”, do que se realizará unha presentación e sobre o que teremos tempo para falar e debatir. Será unha actividade co-organizada coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza na coñecida Eira da Xoana, unha aula de formación ambiental que esta organización ecoloxista ten no concello da Agolada.

Para desplazarmonos ata alí estamos organizando a contratación dun autobús ou microbús que saia desde Santiago de Compostela ás 11 da mañá para regresar arredor das 21h, e que nos evite desplazamentos individuais en distintos veículos que consumirán máis gasóleo e emitirán máis gases de efecto invernadoiro. Para iso é preciso reunir un grupo dun mínimo de 15 persoas (para o microbús) e un máximo de 50 (para o autobús)

O programa para o día é o seguinte :

  • 11.00 Saída do autobús desde a Igrexa do Pilar, na Alameda de Santiago de Compostela
  • 12.00 Roteiro polo casco histórico de Melide, guiado pola A.C. O Galo
  • 14.00 Xantar de convivio na eira da Xoana: Cada un leva a súa comida para partillarmos todos os asistentes.
  • 15.15 Saída cara o Castelo de Pambre onde visitaremos algún novo xacemento arqueolóxico
  • 16.45 Presentación do libro “Herdeiros pola forza” polos seus autores:
    • Manuel Gago (Xornalista cultural e profesor da USC)
    • Xurxo Ayán (Arqueólogo e investigador do CSIC)
    • Antón Lado (Editor)
  • 18.00 Saída de Pambre cara Santiago de Compostela
  • 19.00 Regreso a Santiago de Compostela

O roteiro é de grande interese tanto historiográfico e arqueolóxico como natural, pois na mesma zona se poden atopar restos castrexos, como o Castro de Remonde e medievais, como o Castelo de Pambre. Pero tamén podemos visitar os famosos Saltos de Mácara, ou desfrutar da variada flora e fauna locais.

Para inscribirte, é preciso que cubras todos os datos do seguinte formulario

Nome:

Apelidos:

Correo electronico:

Cuota :

Comentarios