Mar 252013
 2013-03-25T09:57:47+00:00

Xantar na Eira da XoanaO pasado sábado 16 de marzo realizamos un roteiro polo Alto Ulla que incluía a presentación do libro “Herdeiros pola forza”. Comezamos cun xantar na Eira da Xoana, con pouquiñas personas que tivemos a oportunidade de receber xa unha pequena introducción do que viría logo, acompañados dunhas viandas realizadas por nós mesmos e compartida entre todos e todas.

Dirixímonos ao rematar cara o Castelo de Pambre, onde un grupo ben nutrido agardaba por comezar o roteiro. ComezamosMarcos Maceira na presentación de "Herdeiros pola Forza" entrando á Capela, onde se realizaría a presentación do libro “Herdeiros pola Forza”, de Manuel Gago e Xurxo Ayán, cunha breve charla na que participaron, ademáis dos autores, o editor Antón Lado e o secretario da nosa asociación, Marcos Maceira.

Marcas dos CanteirosDespois da presentación do libro e a sinatura de exemplares, comezamos a visita ao Castelo, que está cheo de curiosidades históricas de todo tipo, como por exemplo as marcas de canteiros que podedes ver na foto da esquerda, utilizadas tanto para indicar a colocación que debía ter a pedra como para sinalar a autoría da mesma a efectos de cobrar o traballo do artesán.

Despois abandonamos o Castelo, non sen a resistencia debida, para dirixirmonos cara outro tipo de fortificación existente nas cercanías: os Castelos de Remesedo. É un Vistas desde os Castelos de Remesedotipo de fortificación completamente diferente, do período altomedieval, ao que se accede atravesando un eucaliptal (como non, desgraciadamente) e desde a que se dominan os camiños que veñen d’A Golada e Eidián. Explica Manuel Gago no seu blogue a posíbel función deste e outro Castelo como unha terceira fronteira da Ulloa. Desde logo, as vistas, e no seu momento o dominio territorial, desde este lugar son impresionantes.

Roteiro polo Castelo de PambreE así concluimos o roteiro, cansos pero satisfeitos dunha xornada na que descubrimos lugares e historias que non coñecíamos.

Boa parte das fotografías aquí publicadas foron feitas polos amigos de ADEGA, e publicadas no seu álbum da Eira da Xoana. Agradecémoslles a hospitalidade e agardamos seguir colaborando con eles na organización de novas actividades.

[nggallery id=18]

Se queredes mantervos informados sobre as actividades que realizamos, non esquezades realizar a subscrición á nosa revista dixital