Mar 292013
 2013-03-29T15:36:32+00:00

Distintas asociacións continuamos a traballar conxuntamente para dignificar o último lugar de repouso das dúas Marías

Nicho no que pensabamos que estaban as Marias O mércores 27 de marzo pasamos polo cemiterio de Boisaca representantes da Agrupación Cultural O Galo, do Ateneo de Santiago e da Asociación de Marmoristas de Galicia, ademáis do arquitecto e o escultor encargados do boceto de proxecto, para comezar a planificar in situ a intervención e  atopámonos con importantes novidades a respeito da localización das Marías que van requerir de máis tempo para levar a cabo este proxecto de recuperación da memoria histórica local de Santiago de Compostela.

Nicho no que repousa Coralia Fandiño,  unha das MariasEn concreto, conseguimos confirmar os nichos nos que están soterradas as dúas Marías, as irmás Maruxa e Coralia Fandiño Ricart. Pensábamos ao inicio do proxecto que ambas estaban soterradas no nicho 991, guiándonos polo recentemente publicado na prensa e nas conversas que se están a manter cos familiares vivos. Pero antonte descubrimos que realmente están soterradas por separado, sendo Maruxa a que repousa no nicho 991 e Coralia no 3196.

Tumba de Maruxa FandiñoÉ por isto que o proxecto adquire unha maior envergadura, pois agora pasamos a contemplar distintas posibilidades de actuación entre as que terá que elexir a familia, e das que poden derivar diversos trámites administrativos de todo tipo, ademáis dos permisos municipais de obra xa contemplados inicialmente.

Tumba de Coralia FandiñoTamén vai avanzando o proxecto do ponto de vista arquitectónico e artístico, e xa se están buscando os materiais idoneos para realizarlles a homenaxe e para realizar a ligazón simbólica entre a gastada pedra de Santiago de Compostela e as vivas cores que a elas máis as representaban.

Non podemos entrar en detalles porque esta intervención require do acordo da familia que será a que finalmente terá que dar o seu consentimento en todos os detalles do proxecto, e porque como comentábamos anteriormente hai varias posibilidades abertas. Mentras tanto, queremos animarvos a contribuir na colecta para arranxar a tumba das Marías para que deste xeito o esforzo que se está realizando non sexa en van.

Ao longo das próximas semanas informarémosvos de novas actividades que desde a nosa asociación queremos levar a cabo para pór o noso grao de area neste traballo colectivo. Se queredes mantervos informados, podedes realizar a subscrición á nosa revista dixital