Abr 252013
 2013-04-25T08:49:18+00:00

Os Mártires da Liberdade serán homenaxeados en San Martiño Pinario

O vindeiro sábado 27 de abril ás 18h, organizamos un acto simbólico de homenaxe aos Mártires da Liberdade fronte ao mosteiro de San Martiño Pinario de Santiago de Compostela, xunto coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Asociación Lúa Chea de Teo e a Asociación Vagalumes da Estrada, co queremos pór de actualidade o acontecido en Galiza no mes de abril de 1846.

Homenaxe aos Mártires da Liberdade

O acto, que se realizará tras finalizar o Roteiro dos Mártires da Liberdade, contará coas seguintes intervencións:

* Unha representante da Confederación Intersindical Galega, en representación dos traballadores

* Alicia Fernández, da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, en representación dos escritores

* Daniel Candal, dos Comités Abertos, en representación do estudantado

Tamén haberá actuacións musicais:

* Coral da Asociación Solfa

* Roberto Sobrado

Finalizaremos depositando un ramo de flores

É unha actividade totalmente gratuita polo que estades convidados a asistir e participar activamente

No seguinte enlace podedes informarvos sobre os Mártires da Liberdade