Abr 292013
 2013-04-29T14:02:07+00:00

Coloquio Cantares Gallegos

Análise e debate no 150 aniversario de Cantares Gallegos

O Galo continuará o seu programa na Feira do Libro de Santiago cun coloquio o domingo 5 ás 19.00 sobre a obra rosaliana desde unha perspectiva histórica, que contará coas intervencións de:

– Pilar García Negro (Profesora da Universidade da Coruña).

– Helena Villar Janeiro (escritora e expresidenta da Fundación Rosalía de Castro)

– Kathleen March (Profesora da Universidade de Maine – EEUU), a través dunha intervención en vídeo.

O obxectivo destas actividades é contribuirmos á difusión da obra de Rosalía nos 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, primeira obra monolingüe en galego da historia contemporánea, e primeiro intento de normalizar o uso do galego na nosa literatura. Esta obra revolucionou para sempre a historia cultural galega e a da reivindicación de Galiza como pobo con dereitos.