O mundo segundo Rosalía

 Posted by at 13:22 on 29/04/2013  Actividades, Arte, Língua, Teatro
Abr 292013
 2013-04-29T13:22:00+00:00

SUSPENDIDO POR PROBLEMAS TÉCNICOS
REPROGRAMAREMOS NOUTRO ESPAZO PARA OUTRO DÍA

 

 

O Mundo segundo Rosalía

Teatro popular coa obra “O mundo segundo Rosalía”

Dentro das actividades que O Galo desenvolverá na Feira do libro de Santiago, terá lugar a representación de O mundo segundo Rosalía, a cargo da Sociedade Cultural Medulio e dirixida por Francisco Rodríguez.

Esta representación terá lugar o sábado 4 de maio ás 21.00 na carpa da Feira do Libro de Santiago situada na Alameda.

“O Mundo segundo Rosalía”, é unha cenificación de textos de Rosalía de Castro a cargo do grupo de teatro da Sociedade Cultural “Medulio” de Ferrol, a través da que o público pode acceder de xeito ameno a súa magnífica obra, tantas veces silenciada e acochada.

Rosalía de Castro é un dos nosos clásicos e como tal merece ser sempre coñecida e desfrutada e máis neste ano en que o seu poemario “Cantares Gallegos” fai 150 anos da súa publicación que revolucionou para sempre a nosa historia cultural.

SUSPENDIDO POR PROBLEMAS TÉCNICOS
REPROGRAMAREMOS NOUTRO ESPAZO PARA OUTRO DÍA