Mai 182013
 2013-05-18T23:38:19+00:00

Día de Bretaña San Erwan Fest Noz

Día de Bretaña

Celebramos a Sant Erwan (Ivo, Yves),  Día de Bretaña o domingo 19 de maio ás 18:30 no espazo cultural da Nave de Vidán en Santiago de Compostela cun Fest-noz, encontro con danzas tradicionais, un especie de foliada.

Comezaremos por un pequeno obradoiro  para coñecer os principais bailes (Andro, hanter-dro gavotte, laridé, scottish, etc…).

A música e a animación correrá a cargo dos grupos Ar Re Demo, Pierrot Rougier e Son Bretoned !!! Teredes tamén a oportunidade de probar a gastronomía bretoa coa degustación de doces tradicionais como o Far Bretón acompañada de sidra.

Será unha forma divertida de descubrir a cultura deste pobo con quen Galiza ten un relacionamento moi estreito desde hai tantos séculos xa.

Pídese unha colaboración de 3 euros mais será de balde para menores de 18 anos.

Máis información sobre o Día da Bretaña

http://gl.wikipedia.org/wiki/Fest-noz

http://www.tamm-kreiz.com/groupes.html

http://fr.wikipedia.org/wiki/F%C3%AAte_de_la_Bretagne