Mai 202013
 2013-05-20T13:14:59+00:00

Bandeira Nacional Bretona durante o San ErwanOnte, 19 de maio, entre as 18:30 e as 22:00, celebramos no Espazo Cultural Nave de Vidán en Santiago de Compostela o San Erwan / Saint Yves, Día de Bretaña. Achegámonos á cultura desta nación europea desde a gastronomía, a música e o baile.

Comezamos cun obradoiro de danza tradicional (an dro, hanter dro, plinn, gavotte, Rond Loudéac) a cargo de Suso Cancelas da asociación Monteira Danzas do Mundo de Vigo e do frautista bretón Pierrot Rougier.

Danzando durante o San ErwanContinuamos cun Fest-noz (foliada, baile tradicional bretón) coa participación dos grupos  de música Ar Re Demo (Compostela) e Son Bretoned (Vigo) e do frautista bretón Pierrot Rougier.

Degustamos o far bretón, especialidade elaborada polo pasteleiro da Nave de Vidán con sidra tradicional, bebida típica de Bretaña.

Neste vídeo que vos deixamos a continuación podedes ver un resumo da actividade

E tamén tedes aquí unha serie de fotografías que tomamos durante o acto

[nggallery id=33]