Mai 202013
 2013-05-20T23:55:12+00:00

EcosO vindeiro martes 21 de maio colaboramos na presentación de “Ecos”, un novo disco de música tradicional galega desde unha perspectiva sintética e innovadora, da autoría de Fausto Pías.

Será na Libraría Pedreira ás 20h20′ e consistirá nunha disertación e coloquio mentras se escoita música de fondo deste novo disco.

É un acto gratuito, polo que contamos coa vosa participación