Mai 242013
 2013-05-24T13:46:15+00:00

O pasado seis de maio estivo con nós o escritor e profesor Manuel Portas para continuar co obradoiro de Creación Literaria

Manuel PortasA pesar de que a choiva non animaba moito a saír da casa, xuntámonos na Biblioteca Ánxel Casal un grupiño de persoas para escoitar as súas verbas sobre o mundo da creación literaria e dialogar con el sobre distintas cuestións que foron xurdindo ao longo do curso. Mostrouse, como é el, aberto e sincero, e espiu a súa alma para comentarnos por que escribe, cando e como o  fai e por que escolleu a lingua galega como veículo de transmisión das súas vivencias e experiencias.

Afirmou que toda persoa ten unha capacidade artística innata; algúns necesitan expresarse por medio da pintura, outros da música e outros por medio da palabra, ou se non directamente da palabra, si da narrativa en todas as suas diversas vertentes, desde a oral á cinematográfica; distintos medios e distintas linguaxes para contar unha historia.

Encontro Manuel PortasManuel Portas escrebe por pracer. Se non sentira deste xeito as verbas non podería desempeñar o que el califica como “hobby”. E outro pracer, mais xa secundario, é o que lle ofrecen os lectores, pois todo autor escrebe para ser lido e espera que a súa obra goste aínda que el confesaba que tamén lle gustaba que o parasen pola rúa e lle comentasen aspectos das súas novelas coas que as e os lectores non estaban moi dacordo, ou non lles gustaran moito, pois as críticas sempre encerran en si ese valor positivo, ensinannos aspectos que ao mellor se poden escapar e que resultan moi interesantes para tratar en obras posteriores.

E deste xeito concluíu a súa charla, animando aos asistentes a que se deixaran arrastran pola paixón, sen preocuparlles o mundo da publicación ou dos certames, senón o simple feito de escribir porque nese intre as verbas fluían da súa pruma ou do seu ordenador.

[nggallery id=26]