Mai 282013
 2013-05-28T11:05:51+00:00

Marta Dacosta acompáñanos no derradeiro coloquio sobre creación literaria neste curso

Coas aulas presenciais finalizadas desde o mes pasado, desde a Agrupación Cultural O Galo queremos continuar fomentando a interacción entre escritoras consolidadas e persoas interesadas en mellorar a súa escrita, en adentrarse no máxico mundo da creación literaria. Contaremos nesta ocasión con Marta Dacosta, quen nos axudará a cubrir un aspecto complexo e pouco tratado durante o obradoiro como é a linguaxe poética e a súa introducción na narrativa.

Encontro Marta Dacosta

Marta Dacosta colabora co Obradoiro de Creación Literaria

O vindeiro luns 3 de xuño ás 18.00h Marta Dacosta falará sobre creación literaria na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, nunha sesión aberta ao público que continuará cos encontros con escritores e escritoras dispostos a partillar as suas experiencias no mundo da escrita e a axudar a superar obstáculos comúns tanto á hora de escreber unha novela como á hora de publicala.

Marta Dacosta é autora de diversos poemarios, cunha traxectoria de máis de dúas décadas nas que viron a luz títulos como Crear o mar en Compostela, Pel de ameixa, As amantes de Hamlet ou Acuática Alma e que mereceu premios como o O Grelo, González Garcés ou Martín Códax. Tamén vén de recibir o Premio Johan Carballeira do Concello de Bueu polo seu último libro dun lago escuro

E agora si, deica o curso que vén

Este coloquio con Marta Dacosta finaliza definitivamente o Obradoiro de Creación Literaria, que se reanudará no mes de outubro.