Mai 292013
 2013-05-29T13:49:11+00:00

O pasado 7 de maio, Afonso Eiré “Pucheiro” presentounos na Libraría Pedreira o seu novo libro Infiltrados. Os servizos secretos, a UPG e outras historias do nacionalismo.

Presentación Infiltrados PucheiroMarcos Maceira, secretario do Galo, comezaba a presentación recalcando a necesidade de valorarmonos a nós mesmos dende o movemento nacionalista, sendo o libro un exemplo claro da pouca importancia que nós mesmos nos atribuímos contrastando coa opinión que, dende as forzas externas ao Pais, teñen de nós.

A continuación falaron Tucho Calvo, editor de Biblos Clube de Lectores, explicando o proceso de creación do libro e o xornalista Caetano Díaz dando conta da personalidade do autor ao que lle unía unha vella amizade.

Pucheiro durante a presentación“Pucheiro” explicou como foi dando corpo a un libro grazas a cantidade de documentación recollida durante anos de profesión e ao necesario paso do tempo para que as informacións vaian asentando con perspectiva. Motivo este,  polo que só se centra nunha primeira etapa do nacionalismo xa que para falar da actual etapa deberá pasar un tempo.

Ao longo da conferencia e no debate posterior foi resaltando momentos concretos polos que pasou o nacionalismo e dos que trata no seu libro, deixando claro as tácticas empregadas polos servizos secretos, tendo todas un obxectivo claro: acentuar as diferenzas para dividir a unha forza política como o nacionalismo que non depende de ninguén e que está contra o Sistema.

A continuación tedes unha serie de fotografías do acto

[nggallery id=28]