Xuñ 272013
 2013-06-27T13:23:42+00:00

O xoves 4 de Xullo ás 19h no Espazo Videvide, na Rua da Fonte de Santo Antonio 10 baixo, levaremos a cabo a presentación dunha nova novela galega, “Arcadia. Os Gardiáns do Segredo”, da autoría de Alberte Branco Casal.

arcadia

Arcadia, de Alberte Branco

Trátase dunha novela escrita por Alberte Branco, persoa coñecida no mundo da cultura galega polo seu activismo cultural como fundador da Asociación Cultural Monterrei e da súa revista comarcal “A Tempo”, así como do colectivo de animación cultural Foro Monterrei. Tamén é colaborador da revista nacionalista de pensamento “Terra e Tempo” editada en Compostela e da revista do Fórum Galaico Transmontano editada en Chaves (Portugal)

Atopámonos ante unha novela que nos mergulla nun mundo sórdido e velado no que as tensas relacións internacionais se van entrelazando cuns relevantes achados pertencentes ás antigas civilizacións. Podedes ver no seguinte video un booktrailer de Arcadia

Convidados por Videvide

O Espazo Videvide é unha nova vinoteca de Santiago de Compostela que tivo a ben permitirnos o uso das suas instalacións para realizar eventos como este. Deste xeito, podemos acompañar a presentación de Arcadia cunha selección de viños galegos de máxima cualidade.

Estades convidados a asistir