Ago 312013
 2013-08-31T14:23:35+00:00

De novo o imperialismo ten a intención de bombardear e invadir un novo país coa excusa das armas de destrución masiva, neste caso Siria.

Siria

Desde a Agrupación Cultural O Galo, xunto cunha ampla variedade de asociacións e colectivos convocamos unha concentración para rexeitar as agresións imperialistas e reivindicar a Paz e a soberanía de todos os pobos do mundo
Será o luns 2 de setembro ás 20.30h na Praza do Toral de Santiago de Compostela

No caso de producirse unha intervención militar antes desa data, a concentración será o mesmo día da agresión á mesma hora e no mesmo lugar, ou o día seguinte de producirse o ataque despois desa hora.

Esta é tan só unha primeira acción que será continuada con novas asambleas entre todos os colectivos e persoas interesadas, polo que vos animamos a mantervos informadas e a participar activamente nas distintas accións que se vaian convocando.

Para estar ao día, podedes subscribirvos ao noso boletín dixital, que enviaremos periódicamente ao voso enderezo electrónico.