Out 072013
 2013-10-07T10:10:23+00:00

Dende a Agrupación Cultural o Galo estamos impartindo un obradoiro de creación literaria para todas aquelas persoas que teñan inquedanzas tanto pola escrita como pola lectura. Persoas que por calquera razón aínda non se atreveran a mostrar o/a escritor/a que levan no seu interior.

Obradoiro de Creación Literaria 2013/2014

Queremos facer un achegamento á escrita dende a lectura fomentando así a cara e cruz da mesma moeda: LER e ESCRIBIR, xa que as dúas, ao noso parecer, son inseparabeis. Precisan a unha da outra para unha boa formación como escritor/a ou como lector/a

As clases serán fundamentalmente prácticas, e dende a práctica xurdirán os aspectos teóricos: o punto de vista, o tempo, a historia, a acción, o tratamento das persoaxes, a construción do discurso…

As sesións serán pequenas unidades didácticas, que dependendo do ritmo dos asistentes durará máis ou menos horas; é decir, serán sesións abertas, pois como se persegue a participación activa, sempre aflorarán cuestións que necesiten desenvolverse en máis tempo do estipulado en principio.

A finalidade deste obradoiro de creación literaria é que os asistentes perdan o medo á folla en branco, expresen as súas emocións e sentimentos e que manifesten a súa creación artística por medio da escrita.

Temporalización do obradoiro de creación literaria

O obradoiro de creación literaria comezará en novembro e finalizará a finais de maio, tendo en conta o período de vacacións e días non lectivos do centro; é dicir, teremos sesións ao longo destes meses menos cando peche o centro ou este esté de vacacións. As sesións serán dunha hora semanal

Lugares e horas do obradoiro de creación literaria

O obradoiro de creación literaria impartirase nos seguintes lugares:

CSC de Conxo. Sábados de 11 a 12

CSC de Vite. Xoves de 18.30 a 19.30

CSC da Almáciga. Mércores e Xoves de 16 a 17

Temos pendente confirmar un par de centros máis. Visitade esta páxina regularmente ou consultádenos por correo electrónico

Prezo e inscrición no Obradoiro de Creación Literaria

O obradoiro terá un custe de 20€ mensuais por alumno, 18€ en caso de seren socios da asociación. A primeira sesión será gratuita, previa inscrición. O prazo para inscribirse rematará o 31 de outubro

Podes descargar o folleto completo do obradoiro de creación literaria, neste enlace: Panfleto Creacion CSCs.

Para inscribirte cubre o seguinte formulario:

Nome e apelidos:

Email : Telefono:

Cuota:

Lugar e hora

Se queres facer algún comentario, aproveita este momento

Es unha persoa ou un robot?
captcha