Out 182013
 2013-10-18T09:46:08+00:00

As entidades culturais abaixo asinantes instan ao Presidente da Xunta de Galiza a que tome as medidas legais e políticas necesarias para defender a unidade, permanencia en Galiza e accesibilidade da colección artística xerada polas Caixas de aforro e que pertencen actualmente á Obra Social de Novacaixagalicia e a NCG Banco.

As entidades culturais estiman necesario pero insuficiente a incoación de expediente para a Declaración de Ben de Interese Cultural da colección Novacaixagalicia, instando a que se tomen medidas efectivas para o rescate e xestión da mellor colección de arte de Galiza.

A venda inmediata de NCG Banco pon en perigo o futuro dunha colección que é froito do aforro dos galegos e da acción social desenvolvida polas Caixas de aforro galegas dende a súa fundación a mediados do século XIX, razón polo que transmitimos a necesidade de mobilización ás demais entidades culturais e ao conxunto da sociedade galega.

Colección artística das Caixas